martes, 6 de octubre de 2015

O CB Vilagarcía.





CB VILAGARCIA

Os do CB ( club de baloncesto) Vilagarcía estiveron o día 28 de setembro para darnos unha charla sobre o que facían, a que sitios ían de vacacións... Roque, que é un compañeiro de 5º, gañou o trofeo de campión de Galicia e é un dos mellores.

Despois de toda a explicación fomos ao pavillón e alí practicamos cos chicos de Inglaterra porque hai chicos como un dos que veu a darnos a clase que é de alí.

Cando baixamos estivemos practicando cos balóns e pasamos por tres chicos/as e tres fases.
Na primeira había que pillar ao contrario.
Na segunda había que pillar á xente botando o balón.
E na terceira tiñamos que tirar á canastra.

Mario González Porto



No hay comentarios:

Publicar un comentario