Que
é iso que sentimos e que ás veces nos desborda, que mesmo se apodera de
nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade?. Cando nos
preguntaban de pequenas "pero que che pasa?". Ás veces non sabiamos que
contestar. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en
nós, podemos manexalas moito mellor e mesmo facernos máis empáticos
coas emocións dos demais.
Un
espectáculo que pretende ser unha guía para desenvolver a intelixencia
emocional desde a infancia, e que ademais tamén vai dirixida aos adultos
acompañantes, de xeito que o espectáculo poida ser unha ferramenta útil
para establecer esta comunicación cos máis cativos da casa.
O xoves día 29 de outubro no Auditorio de Vilagarcía as 10:30, iremos ver esta obra de teatro, que nos vai ensinar a xestionar mellor as nosas emocións e máis as dos compañeiros/as que nos rodean.

No hay comentarios:
Publicar un comentario