XIGANTESCAS
ILLAS FLOTANTES DE LIXO
Hai
unhas poucas semanas soubemos que o 9% das aves mariñas do planeta
tragan e levan anacos de plástico no seu estómago. Os albatros, que
pasan moitos anos no metade do océano, ao ver esas pequenas
partículas tómanas como se foran peixes e tráganas. Moitas desas
cantidades de lixo son do tamaño dunha bolsa de caramelo, moitas
delas se atopan precisamente eses restos en alta mar, moi lonxe da
costa, en ocasións concentrados ao longo da superficie e baixo ela.
É
o caso da illa Great Garbage Patch, tamén chamada a illa de lixo, un
xigantesco vertedoiro que vira arredor do Pacífico. O tamaño da
illa estímase en 1.400.000 quilómetros cadrados. As mesmas
correntes mariñas son as que provocan esta rotación, son as que ao
mesmos tempo séguenlle alimentando de máis e máis residuos
chegados da costa ou arroxados de barcos. Estes restos de lixo vanse
descompoñendo ata formar unha sopa de anacos que prexudica aos
animais mariños como por exemplo a moitos peixes, tartarugas,
medusas... Incluso golfiños e baleas.
No
océano Atlántico existe tamén un gran vertedoiro de plástico, con
centos de quilómetros cadrados de superficie.
Sabrina
Coronel Gauto
No hay comentarios:
Publicar un comentario